As Pontes plantou #UnhaÁrborePorEuropa

TerraChaXa
O Concello das Pontes adhírese á iniciativa Unha árbore por Europa, coa plantación dunha árbore  froiteira autóctona, na contorna da Canle IV.
Unha arbore por Europa as pontes
6 Xuño 2021

O Concello das Pontes adhírese á iniciativa Unha árbore por Europa, coa plantación, ao abeiro do Día Mundial do Medio Ambiente, dunha árbore  froiteira autóctona, na contorna da Canle IV.

Deste xeito, As Pontes pasa a formar parte dos máis de 6000 concellos participantes nesta proposta posta en marcha polo Equipo Europa a raíz dunha proposta de David Sassoli, Presidente do Parlamento Europeo

Esta iniciativa, ten como obxectivo principal concienciar arredor da loita contra o cambio climático a través das administracións máis próximas á cidadanía. Así,  as entidades locais adheridas a esta iniciativa asumen o compromiso de plantar unha árbore no municipio, visibilizar a importancia do desenvolvemento sostible no ámbito local e involucrar á xuventude nos procesos de toma de decisións en materia de sustentabilidade.

O Concello reitera así o seu compromiso ca transición ecolóxica e co mantemento da biodiversidade, sendo esta unha acción máis das postas en marcha para fomentar a conservación do medio ambiente, contribuír a manter un territorio verde e con futuro para todas as persoas. 

0.13068699836731