As Pontes pon en marcha o taller 'A arte no autocoidado'

TerraChaXa
O Concello das Pontes, a través do departamento de Benestar Social, pon en marcha no mes de outubro o taller A arte no autocoidado dirixido ás mulleres coidadoras de persoas dependentes no ámbito familiar, non profesionais, da localidade e co se lle da continuidade as propostas levadas a cabo polo departamento, neste mesmo ámbito, desde o ano 2019.
TALLER AUTOCOIDADO AS PONTES PORTADA
9 sep 2023

O Concello das Pontes, a través do departamento de Benestar Social, pon en marcha no mes de outubro o taller A arte no autocoidado dirixido ás mulleres coidadoras de persoas dependentes no ámbito familiar, non profesionais, da localidade e co se lle da continuidade as propostas levadas a cabo polo departamento, neste mesmo ámbito, desde o ano 2019.

Este taller, que se desenvolverá todos os xoves do mes de outubro e novembro, de 16:30 a 18:30 horas, na Casa Dopeso, ten como obxectivos prioritarios conseguir un reforzamento da identidade, seguridade e autoestima das mulleres participantes así como mellorar a súa calidade de vida mediante o seu empoderamento.

Tania Pardo, responsable da área apunta que “a través deste obradoiro o que buscamos e prestarlles un espazo de crecemento persoal desde o que explorar os múltiples beneficios que brinda a arte para o autocoidado. A través da expresión artística pódense manifestar emocións, reducir o estrés, conectar con unha mesma, descansar. Engadindo a arte á vida das mulleres coidadoras poden atopar unha fonte de benestar e equilibrio que lles a axudará a coidar de si mesmas mentres coidan a outras persoas”

O taller contará cunha parte de asesoramento, a través de entrevista persoal, coa finalidade de establecer un itinerario común de traballo, e obradoiros de carácter teórico práctico nos que se abordarán cuestións como a expresión emocional, a relaxación e a meditación, o autodescubirmento, a comunicación e conexión, o alivio do estrés, a mellora física e a conexión co corpo a través de actividades nas que se fusionarán a arte da danza coa arte da literatura.

Así, esta fusión permitirá ás mulleres participantes coñecer diferentes culturas sumando novas formas de concepción do modo de vida e do autocoidado e, explorar temas de autocoidado na literatura da danza, profundar na experiencia artística a través da combinación de música e danza, escribir sobre a experiencia da danza e mesmo utilizar a danza como fonte de inspiración para crear historias literarias.

As mulleres interesadas en participar neste taller poden inscribirse, desde o 11 ao 29 de setembro, no departamento de Benestar Social ou nos teléfonos 981 44 10 08 /627 779 129.

TALLER AUTOCOIDADO AS PONTES
0.21770691871643