As Pontes pon en marcha un ano máis un campamento de inmersión lingüística
TerraChaXa
O Concello das Pontes pon en marcha, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude, por terceiro ano consecutivo, o campamento de inmersión lingüística.
30 Xul 2019
O Concello das Pontes pon en marcha, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude, por terceiro ano consecutivo, o campamento de inmersión lingüística.
Este actividade, dirixida o alumnado de primaria do municipio, permitirá aos participates aprender a empregar a lingua inglesa, no día a día, a través de actividades de carácter educativo e lúdico entre as que destacan as clases de cociña, as actividades deportivas, as sesións de baile e as excursións por diferentes puntos do casco urbano.
A primeira quenda desta nova edición do campamento municipal de inglés xa comezou nas aulas da academia de inglés situada na rúa da Saúde 23 e estenderase ata o 9 de agosto. A segunda desenvolverase entre o 12 e o 23 de agosto e a terceira quenda será do 26 de agosto ó 9 de setembro.
O curso é de balde e aínda quedan prazas. Os interesados en participar poden incribirse ou solicitar máis información na OMIX, situada na Biblioteca Municipal, ou chamando ou enviando un whatsapp aos números 651 30 86 74 /607 31 66 71 ou ao 981 102 562.