As Pontes pon en marcha un novo obradoiro para persoas coidadoras

TerraChaXa
As Pontes, 23 de novembro de 2023.
coidados compartidos obradoiro as pontes portada
24 Nov 2023

As Pontes, 23 de novembro de 2023. O Concello das Pontes, coa colaboración da Federación Alzhéimer Galicia, pon en marcha un curso formativo para persoas coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa co obxectivo de achegar información en materia de demencias, recursos e servizos nas áreas rurais así como crear un espazo de intercambio de experiencias e resolución de dúbidas ante a enfermidade.

Tania Pardo apunta que “a vivencia a nivel emocional que provoca a situación de coidados continuos dunha persoa con demencia neurodexenerativa, que causa deterioro cognitivo e funcional, fai necesaria a creación de soportes de apoio psicolóxico e de formación que impidan a aparición do síndrome da persoa coidadora queimada e que, ao mesmo tempo, reduza a sobrecarga emocional e o sentimento de soidade. Este obradoiro preséntase como unha oportunidade para promover a prevención e a promoción do saúde a nosa vila”.

O curso está dirixido a familiares coidadores de persoas maiores e/ou con demencia, terá unha duración de 8 horas, e nel abordaranse cuestión como o alzhéimer e outras demencias, síntomas cognitivos e non cognitivos das demencias, terapias non farmacolóxicas, a comunicación coas persoas con demencia así como o autocoidado da persoa coidadora a través das que se busca achegar formación e información acerca do alzhéimer e outras demencias, fomentar o uso fomentar o uso de estratexias validadas de coidado, promover a co-responsabilidade familiar, diminuír o nivel de sobrecarga da persoa coidadora principal, en definitiva, mellorar a calidade de vida da veciñanza das Pontes.

O curso desenvolverase os días 12 e 13 de decembro, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa Dopeso. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ou solicitar máis información no teléfono 627 779 129.

coidados compartidos obradoiro as pontes
0.24635696411133