As Pontes celebra esta noite a sexta edición da Noite Meiga

TerraChaXa
Entre as actividades programadas destacan as propostas para o público infantil, con teatro de proximidade, obradoiros e un espectáculo de rúa
Noite-Meiga-as-pontes
Unha imaxe da Noite Meiga do ano pasado nas Pontes
30 Nov -1

O Concello das Pontes prepárase xa para celebrar a sexta quinta edición da Noite Meiga, unha cita que ten como obxectivo dar a coñecer e recuperar as tradicións que acompañan a esta data tan arraigada na cultura popular galega.

Esta nova edición celebrarase o domingo, 23 de xuño, a partir das 19:30 horas, no Canal IV e inclúe propostas de lecer pensadas para todos os públicos.

Entre as actividades programadas destacan as propostas para o público infantil, con teatro de proximidade, obradoiros de globoflexia e de caracterización e así como un espectáculo de rúa participativo que baixo o título "Meigas de aquí e de acolá" achegará ao público visitante as tradicións vinculadas á noite de San Xoán a través da música, do baile, de xogos e de sketchs humorísticos.

Así mesmo a partir das 22:00 horas está prevista a actuación da orquestra América de Vigo, que tras o ritual de acendido da fogueira de San Xoán, pechará a celebración da Noite Meiga.

Por outra banda, como en anos anteriores, a partir das 20:30 horas dará comezo un xantar popular que, nesta ocasión contará con dous menús diferentes, por unha parte haberá un menú composto por sardiñas, pan e bebida e haberá outro menú que inclúen touciño, chourizo, pan e bebida. O prezo de ambos menús será de 6 euros.

A concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro  anima a toda a veciñanza a gozar da VI edición da Noite Meiga, “unha proposta cultural que xa é unha data de referencia dentro do calendari  estival de vila e un punto de encontro da veciñanza que desexaba gozar dunha tradición moi arraigada no noso municipio e na nosa cultura".

0.19018507003784