O domingo será a Noite Meiga das Pontes

TerraChaXa
O concello das Pontes, a través da área de Cultura, botou a andar os preparativos da segunda Noite Meiga, que se celebrará o día 23 de xuño, na canle IV.
Captura de pantalla 2019 06 11 a las 12.06.28
22 Xuño 2019

O concello das Pontes, a través da área de Cultura, botou a andar os preparativos da segunda Noite Meiga, que se celebrará o día 23 de xuño, na canle IV.

O programa arrincará ás 18.00 horas cunha sesión de contacontos e obradoiros dirixidos aos máis pequenos, que poderán ver a representación musical da obra A Bruxa Zalaira” e o espectáculo de canta e baila con xogos de música e conxuro para aloxar as ánimas. Así mesmo, haberá un obradoiro de caracterización de bruxas e pintacaras  para nenos de 6 a 12 anos.

Ás 20:00 horas haberá actuacións de clowns, malabares, caravanas e teatro sobre rodas. Trátase de tres caravanas e gradas para 100 persoas con actuacións de microteatro (pases de 15 min. cada media hora), Cabaré de Pallasas e a actuación de Fredi&Cía.

A continuación, ás 20:30 horas haberá  Magia en al manga, un espectáculo itinerante a moi poucos centímetros de distancia. Unha sesión participativa, divertida e para toda a familia.

Tras a actuación musical de Brojen Peachem pevistsa para as 22:00 horas, chegará a Troula de Animacións Lume, coa posta en marcha das fogueiras a partir das 23.30 horas.

As festas rematará, ás 0.30 horas, coa actuación musical de Assia.

A parte gastronómica estará a cargo da sardiñada popular, que dará comezo ás 20.30 horas a un prezo de dez euros por persoa.

DEF cartel noite meiga grupos 2019 def
0.18591499328613