As Pontes prepara o seu programa cultural para a primavera

TerraChaXa
O Concello das Pontes anunciou as actividades culturais para marzo e abril 2021 e nas que haberá teatro, cine e concertos e empezan mañá.
alovi as pontes
3 Mar 2021

O Concello das Pontes anunciou as actividades culturais para marzo e abril 2021 e nas que haberá teatro, cine e concertos.

Así, o primeiro dos actos será mañá día 4 ás 18.00 horas na Casa Dopeso e será o espectáculo Familias Diversas a cargo de Trinkentrinke Teatro, e está dirixido aos máis cativos de entre 4 e 7 anos.

O sábado, 6 de marzo, no Auditorio Municipal Cine Alovi, Leilía celebra o seu 30º aniversario co espectáculo CantarElas. Un espectáculo que florece aunando temas emblemáticos, que acompañaron e emocionaron a Leilía e ao seu público nos directos, con temas pouco coñecidos e revestidos co toque actual da banda.

CantarElas é unha viaxe a través das melodías, da evolución sonora, dos cambios escenográficos... e un convite a percorrer con Leilía a súa historia, nun espectáculo co que queren agasallar ao público que as acompañou estas tres décadas.

As actividades continuarán o xoves 11 co teatro para nenos a cargo de Apiario ás 18.00 horas na Casa Dopeso, o sábado 13 proxectarase a película Somos Criminais ás 17.00 e ás 19.00 horas no Alovi.

Xa o día 20 e ás 18.00 horas, e tamén no Alovi, será a hora de Educa Teatro Producións e o seu espectáculo O mundo máxico de Pinocho, e na Casa Dopeso poderase desfrutar da película Lúa Vermella ás 17.00 e as 19.00 horas. E o venres 26 a compañía de teatro Chévere representará Curva España ás 20.00 no Alovi.

O día 27 de marzo haberá un concerto de Malevaje ás 19.00 horas, o día 31 tamén ás 19.00 horas Gallaecia All Stars presentará o seu espectáculo Mellor e mellor, e xa o 10 de abril será a actuación de María José Llergo. Todas estas actuacións será no Alovi.

PROGRAMACIÓN

  • Día 4 ás 18.00 horas na Casa Dopeso - espectáculo Familias Diversas
  • Día 6 no Auditorio Municipal Cine Alovi - espectáculo CantarElas
  • Día 11 ás 18.00 horas na Casa Dopeso - teatro para nenos
  • Día 13  ás 17.00 e ás 19.00 horas no Alovi - película Somos Criminais
  • Día 20 ás 18.00 horas no Alovi - espectáculo O mundo máxico de Pinocho,
  • Día 20 ás ás 17.00 e as 19.00 horas na Casa Dopeso - película Lúa Vermella.
  • Día 26 ás 20.00 no Alovi -Teatro Curva España
  • Día 27 de marzo ás 19.00 horas no Alovi - concerto de Malevaje
  • Día 31 ás 19.00 horas no Alovi - concerto de Gallaecia All Stars
  • Día 10 de abril no Alovi - concerto de María José Llergo
programacion cultural as pontes
0.088280916213989