As Pontes prepárase para a novena Cita coa Historia

TerraChaXa
Este evento, organizado polo Concello e o colectivo Lembranza da Vila, terá lugar do 13 ao 15 de setembro
cita-coa-historia-as-pontes
1 sep 2024

O municipio das Pontes prepárase para celebrar, a próxima fin de semana, a IX edición da Cita coa Historia, un evento organizado polo Concello, en colaboración coa asociación veciñal Lembranza da Vila.

Durante os días 13, 14 e 15 de setembro as rúas do casco histórico das Pontes retrocederán no tempo para acoller distintas actividades coas que se busca afondar nos xeitos de vida na localidade durante período galaico romano.

As actividades aínda non foron desveladas pero se espera contar como todos os anos co concurso de caracterización, os mercados de rúa e de oficios, o pregón obradoiros, pasarrúas, concertos e as tradicionais recreacións entre outras moitas actividades.

O cartel deste ano é unha ollada artística a dous elementos do patrimonio cultural da vila, a Ponte Romana do Chamoselo e a Ara Romana de Somede. A autora é a ilustradora local Laura DEcibreiro.

cartel-cita-coas-pontes
0.12718510627747