As Pontes presenta a súa Axenda Urbana nunha xornada única

TerraChaXa
O Concello das Pontes de García Rodríguez converteuse hoxe no epicentro da Axenda Urbana Española coa celebración dunha xornada.
presentacion axenda urbana as pontes
2 sep 2022

O Concello das Pontes converteuse onte no epicentro da Axenda Urbana Española coa celebración da xornada Las Agendas Urbanas en los ayuntamientos gallegos de menos de 20.000 habitantes.

A subdirectora xeral adxunta de Políticas Urbanas do Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA), Sonia Hernández, foi a encargada de abrir a xornada presentada polo planificador de estratexia urbanas, Luciano Alfaya.

A continuación, os alcaldes das tres cidades e vilas galegas de menos de vinte mil habitantes seleccionadas por Europa e polo Estado para redactar as súas Axendas presentaron o seu proxecto de futuro. Deste xeito o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e o alcalde de As Pontes, Valentín G. Formoso, trasladaron ás autoridades e público asistente os principais retos que afrontarán nos vindeiros dez anos.

Na xornada tamén interviñeron o director xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administracións Públicas da Xunta de Galicia, Ángel Luis Tarrío, e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

O alcalde das Pontes calificou de “ilusionante e retador” a redacción da estratexia de futuro e quixo trasladar o seu agradecemento a todas as persoas que colaboraron no proceso de participación, salientando o importante papel dos e das traballadoras municipais que coa súa implicación axudarán neste proceso de cambio.

González Formoso adiantou que o futuro das Pontes pasa por crear unha cidade máis atractiva tanto para a cidadanía como para os futuros habitantes pero tamén para posibles inversores. Tamén adiantou que o Plan de Acción das Pontes centrará os seus principais esforzos en combater o declive demográfico, afrontar un proceso de transición xusta, abordar a diversificación da actividade económica local e aproveitar o potencial dos recursos locais tanto forestais como agrogandeiros ou turísticos.

Ademais, o Plan de Acción das Pontes recuperará o dinamismo comercial do concello, traballará para garantir a dotación de servizos públicos de carácter sociosanitario e dinamizará o mercado inmobiliario para evitar a vivenda baleira e  os locais comerciais pechados. Mellorar a imaxe interna e externa do concello tamén está entre as accións contempladas nesta Axenda Urbana.

A través do programa As Pontes Emplea o concello posicionarse como referente en produción e almacenamento de enerxía verde e impulsará o turismo natural.

As Pontes tamén promoverá a mobilidade de proximidade, avanzará cara un modelo residencial denso e porá en valor o territorio produtivo.

En palabras de Valentín G. Formoso, "As Pontes apostará pola retención e atracción de talento, por incentivar o deporte e vida saudable e xerará espazos interxeracionais".

Por último o rexedor local sinalou que "entre os retos que se afrontarán no futuro está apostar pola innovación tecnolóxica (Smart City), promover a gobernanza multinivel e reforzará a xestión integral a nivel municipal".

0.090641975402832