As Pontes presenta o seu programa cultural de novembro

TerraChaXa
A localidade das Pontes continuarán a desenvolver este mes de novembro unha intensa programación cultural para todas as idades.
programacion novembro as pontes portada
2 Nov 2022

A localidade das Pontes continuarán a desenvolver este mes de novembro unha intensa programación cultural que combinará de novo teatro, música e baile para todas as idades.

Na categoría de teatro entra a primeiras das citas do mes, a obras Cigarreiras, de Contraproduccións, que terá lugar este venres 4; e Coleccionaistas. A arte feita comedia de Gallaecia Eventos, o día 11. Tamén está previsto o día 24 a obra Feminissimas, de Destexeito Produccións, unha obra centrada na celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Tamén están previstas distintas actuacións musicais, como o concerto de corais de outono deste sábado 5 ou mesmo a de Borja Quiza, o día 19, con cancións sobre a emigración galega. Están tamén programados dous concertos de Santa Icía, o 23 a cargo do profesorado do conservatorio; o día 26 con todos os grupos e rematarán o 27 con misa e ofrenda floral de Santa Icía co concerto do grupo Canavella.

O día 12 está prevista unha ópera, O reflexo. Unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán. E o día anterior, o 11 un recital poético a cargo do grupo Alalá.

Para os pequenos hai dúas cita, o 10 cos títeres de Tarabelos, que representarán Sabela e o paxaro máxico. O 24 haberá dobre sesión, música e clown con Divertimentos e contacontos con Raquel Queizás, coa peza Cinema de historias.

Finalmente, o domingo 6 tamén haberá un oco para o baile co I Trofeo de Baile Deportivo.

programacion novembro as pontes
0.22382688522339