As Pontes presenta un amplo programa de actividades para o Nadal

TerraChaXa
Arrancará o domingo 8 de decembro, ás 18:00 horas, co acendido da iluminación, diante do Concello, un evento amenizado polo grupo musical feminino local Arrivederci
nadal-as-pontes
3 Dec 2024

A programación de Nadal do Concello das Pontes arrancará o domingo 8 de decembro, ás 18:00 horas, co acendido da iluminación de Nadal, diante do Concello, un evento que estará amenizado polo grupo musical feminino local Arrivederci.

A programación deseñada polo departamento de Cultura e Turismo para estas datas inclúe unha vintena de actividades que continuarán a seguinte semana, o xoves 12 de decembro, ás 18:00, na Casa Dopeso, co espectáculo O Tesouro de Trécola Teatro, no que se representarán os contos 11 damas atrevidas, Teresa non quere ser princesa, Bieito e o seu carriño, Uñas de cores e Monstro Rosa.

Esa mesma fin de semana, o salón da Casa Dopeso acollerá a proxección das películas Harold e o lápiz máxico (sábado e domingo ás 17:00 horas) e Marco (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas.

A programación continuará o día 13 de decembro, co concerto de Nadal da Rondalla das Pontes que estará acompañada da Coral Polifónica de Sillobre. A cita será ás 20:00 horas na Casa Dopeso. Ese mesmo día, ás 20:00 horas, a Biblioteca Municipal albergará a presentación do libro ¿Cómo hacer de tu vida un desastre?, da pontesa Zaida Pico.

O sábado, 14 de decembro, no Auditorio Municipal Cine Alovi celebrarase, a partir das 16:30 horas, a gala benéfica da Escola Municipal de Danza, Flamenco e Baile Moderno, a favor da asociación Miradas que hablan, e os fondos recadados irán destinados á investigación da síndrome de duplicación MECP2.
Así mesmo, durante a fin de semana, na Casa Dopeso proxectaranse os filmes Guardianes en la ópera (sábado e domingo ás 17:00 horas) e Gladiator II (sábado, ás 19:00 e 21:55 horas e domingo ás 19:30 horas).

A seguinte semana, o 19 de decembro será a quenda para Conservatorio de Música Profesional das Pontes co seu concerto Peque Nadal (17:00 horas) no Auditorio Municipal Cine Alovi, e a continuación, na Casa Dopeso (18:00 horas), a compañía Pablísimo, especializada en narración oral, representará Cabicivai, un espectáculo como unha seda, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixados que pode saír calquera cousa. E ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal haberá un encontro con escritores e escritoras da comarca.

O día 20, ás 18:00 horas, na Casa Dopeso, Picariños presentará o seu espectáculo Fantasía de Nadal e o para o día 22 de decembro, o departamento de Cultura do Concello das Pontes programou a Gran Gala Internacional de Maxia no Auditorio Municipal Cine Alovi (19:00 horas) na que participarán Dani Polo (Galicia), Mag Marín (Barcelona), Mágica Gilly (Italia), G.Alexander (Valencia), Nacho Samena (Lugo) e Kenris Murat (Francia).

Por outra banda, o salón da Casa Dopeso acollerá a proxección das películas Super Klaus (sábado- sesión neurodiversa) e domingo ás 17:00 horas) e El ministro de propaganda (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas.

A seguinte semana, o día 23 de decembro, ás 19:30 horas, a Banda Escola das Pontes ofrecerá o seu Concerto de Nadal, no Auditorio Municipal Cine Alovi, e xa o día 24 de decembro, desde ás 12:00 horas, as rúas do centro urbano encheranse co música da charanga os Sureños.

O día 26 de decembro, a compañía Gramola Gominola achegarase ata o Auditorio Municipal Cine Alovi, a partir das 18:00 horas, con Aí ven o apalpador, un espectáculo musical familiar onde o público asistente poderá gozar coas mellores cancións de Nadal da Gramola.

O día 27 de decembro, ás 18:00 horas, será a queda para o espectáculo Palabras de Baobab Teatro, que achegarán ata o Auditorio Municipal Cine Alovi unha proposta musical e teatral sobre a lingua galega.

O domingo, 28 de decembro, o Auditorio Municipal Cine Alovi acollerá, a partir das 18:00 horas, o espectáculo Teatro de Papel de Rauxa Compañía, un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de marionetas extraordinarias, o clown e o teatro físico, busca reivindicar o poder da imaxinación.

Durante a fin de semana, na Casa Dopeso proxectarase Niko 3 (sábado e domingo ás 17:00 horas) e Por donde pasa el silencio (sábado, ás 19:30 e 22:00 horas e domingo ás 19:30 horas)
O día 30 de decembro, no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 18:00 horas, tomará o relevo Voilá Producións co espectáculo A la luna, no que o público se achegará a historia de Tara, unha nena que soña con ser astronauta e xa o día 31 de decembro, desde ás 12:00 horas, as rúas do centro urbano encheranse co música da charanga da Carmiña.

Xa o día 3 de xaneiro, no Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 20:00 horas haberá un concerto do grupo local Poco cualificados e o día 4 de xaneiro, haberá un baile de reis, no Patio do Colexio Santa María, a partir das 22:30 horas, a cargo do Grupo Origen.

A programación de Nadal terá o seu broche de ouro o día 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis Magos, que sairá ás 18:00 da Rúa Monte Caxado para facer o seu percorrido habitual e rematar na casa do Concello cunha recepción real.

Por outra banda, a partir do día 26 de decembro ao 30 de decembro e os días 2 e tres de xaneiro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, o Patio do Colexio Santa María acollerá a proposta Tempo de Nadal, dirixida a nenas e nenos, de entre 3 e 14 anos, a través da que poderán gozar con diferentes áreas de xogo dos seus xoguetes e libros favoritos.

Os días 2 e 3 de xaneiro, desde ás 16:00 ás 20:00 horas, o Tren de Nadal chegará ás Pontes para facer un recorrido pola vila e ver todo o alumeado Nadal.

0.15946793556213