As Pontes presenta un programa de actividades para o lago en agosto
Unha vez rematadas as festas patronais nas Pontes, o Concello vén de presentar unha serie de actividades que se desenvolverán no mes de agosto no lago baixo o título Un mar de lecer.
Estas terán o seu inicio a fin de semana do 5 ao 7, coa celebración de tres días dedicados ao rugby.
A seguinte fin de semana, entre o 12 e o 15 haberá inchables xigantes para todos ademais de teatro en dobre sesión, ás 13.00 e ás 19.15 horas tanto sábado como domingo. Ademais, o 13 tamén haberá maxia ás 19.00 horas.
O 20 e 21 será a fi de semana da Feira do Comercio Local e o Festival de Papaventos. Ademais os dous días haberá representacións de crico na rúa rematando coa actuación de Broken Peach ás 19.30 o domingo.
As previsións para pechar este mes de actividades pasan por unha festa acuática e de auga con inchables acuáticos e humor amarelo combinando coa celebración do Campionato Galego de Vela Vaurien.