As Pontes programa os 'Xoves na Biblio' de novembro con monicreques e obradoiros creativos

TerraChaXa
A Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco e Casa Dopeso acollen catro citas os días 6, 13, 20 e 27 de novembro, con prazas previa inscrición
AS PONTES biblioteca
5 Nov 2025

O Concello de As Pontes de García Rodríguez arrinca en novembro unha nova edición dos 'Xoves na Biblio' na Biblioteca Municipal Enrique Rivera Rouco, cun calendario de actividades gratuítas pensadas para público infantil e familiar. O ciclo abrirase o xoves 6 ás 18.00 horas en Casa Dopeso coa función de monicreques 'Contos e cancións do mar' da compañía Babaluva, recomendada a partir de 3 anos.

O xoves 13, ás 18.00 horas, a Biblioteca Municipal acollerá o obradoiro 'Mulleres inventoras', de Ciencia en Movemento, dirixido a nenas e nenos desde 6 anos. A terceira proposta será o xoves 20 ás 18.30 horas, tamén na Biblioteca, co taller 'Deseño de broches, chapas e mochilas' impartido por O Faiado de Nin, para maiores de 5 anos. O programa pecharase o xoves 27 ás 18.00 horas co obradoiro 'Cambiar o conto', con Alba Farto, recomendado a partir de 6 anos.

Todas as actividades teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa para os obradoiros. O Concello subliña que a iniciativa busca fomentar a creatividade, o gusto pola lectura e a convivencia en familia cada xoves do mes.

⚙ Configurar cookies
0.069375991821289