As Pontes propón a creación do Museo da Minería

TerraChaXa
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e o secretario xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte, Román Fernández-Baca Casares, asinaron, esta mañá, un protocolo de intencións entre o Concello das Pontes e a Dirección Xeral de Belas Artes que establece as bases da cooperación de ambas institucións na posta en marcha do futuro Museo da Minería.
As pontes sinatura museo mineria
4 Abr 2019

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e o secretario xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte, Román Fernández-Baca Casares, asinaron, esta mañá, un protocolo de intencións entre o Concello das Pontes e a Dirección Xeral de Belas Artes que establece as bases da cooperación de ambas institucións na posta en marcha do futuro Museo da Minería.

A través deste acordo, o Ministerio de Cultura adquire o compromiso de colaborar na creación do Museo da Minería de As Pontes participando, de maneira activa, tanto no asesoramento e financiamento do deseño como na posta en funcionamento e xestión do museo. Ademais, comprométese a impulsar a súa promoción nacional e internacional.

Para facer efectivo este acordo, ambas institucións impulsarán todos os instrumentos de colaboración interadministrativa que sexan necesarios, tramitando os convenios pertinentes en función das materias acordadas.

González Formoso agradeceu ao Ministerio de Cultura darlle ao Concello das Pontes a posibilidade de explicar o proxecto do futuro Museo da Minería, “un proxecto de gran importancia para un pobo, que durante décadas, explotou a maior mina ao ceo descuberto de España, e que merece que todo o contido se preserve e que aquela etapa da historia das Pontes non quede no esquecemento para que as xeracións futuras poidan coñecelo máis aló do que recollen os libros”

O rexedor local tamén subliñou que a firma deste documento de colaboración marca un momento histórico no municipio e “permitiranos poñer en marcha un proxecto moi complexo nunha contorna cunha ampla oferta cultural, tanto rexional como nacional e internacional, contando con asesoramento e orientación desde todos os puntos de vista, tanto desde o dos contidos, como desde o dos procedementos para concretar o proxecto, como desde o punto de vista da sustentabilidade do mesmo”

Nese sentido González Formoso remarcou que, a través da firma deste documento, ambas institucións acordan colaborar na procura activa de financiamento para o proxecto e que, “por indicación do Ministerio de Cultura, derivarase, en parte, ao Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía que xa mostrou o seu interese polo proxecto e a súa vontade de colaborar co Concello das Pontes na creación do futuro Museo da Minería, tanto a través o financiamento da estrutura como a través da dotación de contidos”.

Pola súa parte, Román Fernández-Baca Casares, sinalou que “la creación del futuro Museo de la Minería supone la puesta en valor de un determinado momento de la historia y de un patrimonio reciente que también tiene que tener su espacio. Sabemos que se ha realizado un enorme esfuerzo de recuperación de la zona y el Ministerio de Cultura está en disposición de dar asistencia técnica, a través de nuestros propios profesionales, para ayudar a representar los valores de la minería y del patrimonio de este territorio que es tan importante en nuestro país”

0.2098069190979