As Pontes reabre a aula Cemit da Casa Dopeso
TerraChaXa
O Concello das Pontes volveu poñer en funcionamento a Aula Cemit. Comezarán cunha sesión de aula aberta a toda a cidadanía
23 Feb 2023
O Concello das Pontes volveu poñer en funcionamento a Aula Cemit. Comezarán cunha sesión de aula aberta a toda a cidadanía que empezará ás 16:00 horas, coa apertura da aula, e pechará diariamente ás 20.30 horas, agás as fins de semana que permanecerá pechado. Este horario manterase ata o 1 de marzo.
A aula Cemit está situada no soto da Casa Dopeso, na rúa Rosalía de Castro.
Haberá unha persoa responsable na aula encargada de resolver as dúbidas das persoas usuarias. E próximas datas irán anunciando a formación que acollerá a aula.