As Pontes reactiva as obras de mellora de camiños rurais

TerraChaXa
O Concello das Pontes reactivou, esta semana, as obras de mellora dos camiños en diferentes parroquias do municipio que permiten ao goberno local continuar co proxecto de mellora das infraestruturas no ámbito rural co obxectivo de favorecer a calidade de vida da veciñanza.
comarcaswebdestacada
24 Abr 2020

O Concello das Pontes reactivou, esta semana, as obras de mellora dos camiños en diferentes parroquias do municipio que permiten ao goberno local continuar co proxecto de mellora das infraestruturas no ámbito rural co obxectivo de favorecer a calidade de vida da veciñanza.

Así, esta semana botaban a andar as tarefas de limpeza das cunetas nas vías municipais de A Rega, Pazos e O Mariñao, nas parroquias de San Xoán do Freixo e Santa María.

Iniciábanse tamén estes traballos nos camiños de Espiñaredo, Pontoibo-Covelos, Caneiro, Casas Ermas e Bidueiro así como na Fraga do Cregos, o Pazo de Murazoso, Cascalisto, Pedrafita, O Ruño, Badón, Gañidoiras e Somede.

As actuacións previstas, financiadas pola Deputación da Coruña, cun orzamento conxunto de 486.000 euros, están encamiñadas a dotar aos camiños rurais dunha maior calidade, estrutural e superficial, facendo que sexan máis accesibles, cómodos e seguros, tanto para o tráfico rodado como para os viandantes.

Estas obras permitirán a substitución da actual capa de rodadura por aglomerado e inclúen o varrido da superficie do viarios, o aporte de grava e tratamento asfáltico naquelas zonas nas que existan fochancas e a reposición da sinalización horizontal co pintado das liñas nos bordes dos viarios e das sinais precisas segundo marca o código de circulación vixente.

0.18885087966919