As Pontes recibirá un investimento de 1,33 millóns da Deputación da Coruña

TerraChaXa
O Concello das Pontes recibirá 1.
2 Oct 2018

O Concello das Pontes recibirá 1.336.262 euros do Plan Único 2019 da Deputación da Coruña. Unha partida, que sumada ás anteriores, suporá unha inversión no municipio, por parte do organismo provincial, de máis de 5.1 millóns de euros, no período 2017-2019.

O organismo provincial aprobou, o venres, en sesión plenaria, as bases do POS + 2019 que repartirá 61.5 millóns de euros entre todos os concellos da provincia e que deixará, algo máis de 12,2 millóns na comarca do Ferrolterra e Ortegal, sendo o concello pontés un dos máis beneficiados.

Trátase da achega inicial do Plan Único 2019, que irá incrementándose ó longo do exercicio coa incorporación de distintos remanentes, destinada á execución de obras, ó financiamento de parte do gasto corrente dos servizos básicos ou a sanear as economías municipais, amortizando débeda con provedores e entidades bancarias.

O Concello das Pontes, xunto cos 93 concellos que se beneficiarán desta achega, ten  ata o 20 de decembro para solicitar á Deputación os proxectos a financiar con cargo ó POS+2019.

Desde o goberno municipal sinalan que “esta inversión vai permitir ó Concello das Pontes continuar coa súa folla de ruta para mellorar a calidade de vida de todos os veciños, seguir avanzando na reforma do casco urbano, na súa renovación estrutural e estética, e impulsar os servizos nas parroquias, para facer das Pontes o pobo que todos queremos”

0.16753888130188