As Pontes recuperará a cabalgata e o concurso de Entroido o día 1 de marzo

TerraChaXa
Tras un ano, o Concello das Pontes anunciou xa que este ano recuperarase a tradicional cabalgata e o concurso de disfraces.
entroido as pontes portada
8 Feb 2022

Tras un ano cun entroido virtual, o Concello das Pontes anunciou xa que esta ano recuperarase a tradicional cabalgata e o concurso de disfraces, que terá lugar o 1 de marzo con máis de 7.000 euros e premios.

A cabalgata de Entroido partirá ás 17:00 horas da rúa Monte Caxado para realizar, a continuación, un percorrido que discorrerá polas avenidas máis céntricas, previsiblemente polas de Ortigueira,Vilalba e Celso Emilio Ferreiro para finalizar no pavillón polideportivo municipal, lugar onde se efectuará a entrega de premios.

Todas as persoas interesadas en participar no desfile de disfraces deberán inscribirse previamente como todos os anos cando o Concello así o dispoña e se publiquen as bases.

O concuso establecerá dúas modalidades para os grupos, en función do número de integrantes, ademais da posibilidade de concursar de forma individual ou en parellas. Haberá tres categorías en función da idade, adultos, infantil e meniños para os máis pequerechos da casa.

0.1687650680542