As Pontes reformará o seu departamento de Urbanismo cun novo arquitecto

TerraChaXa
Aprobouse o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña mediante o cal se encomenda ao goberno provincial a xestión da selección
pleno-as-pontes
8 Oct 2025

O Concello das Pontes aprobou, por unanimidade, o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña mediante o cal se encomenda ao goberno provincial a xestión da selección de arquitectos/as e arquitectos/as técnicos/as interinos/as.

A proposta, que se deu a coñecer e se aprobou o pasado venres no Pleno da Deputación da Coruña, está dirixida a concellos con menos de 20.000 habitantes e vai permitir axilizar a contratación de persoal cualificado para a área de Urbanismo, empregando as listas de persoal interino coas que xa conta a propia Deputación.

Segundo explicou a edil de persoal, Ana Pena “os procesos de selección deste tipo de persoal son moi longos polo que, en moitas ocasións, quedan finalizados cando xa non existe esa necesidade. Ademais requiren dun gran esforzo dende o punto de vista para as administracións municipais tanto a nivel de persoal, coma de tempo ao material ao que hai que sumar que as listas de agarda son curtas e esgótanse con rapidez”.

Así, grazas a este acordo, que agora deberá ser ratificado pola Deputación da Coruña, As Pontes vai contar en breve cun novo arquitecto que vai permitir aliviar a carga de traballo coa que conta a concellería de Urbanismo.

Con esta incorporación inmediata, mellorarase o funcionamento do departamento que permitirá axilizar os expedientes en curso e, por ende, mellorar o servizo á cidadanía; sen ter que agardar aos resultados dun longo proceso de selección de persoal.

⚙ Configurar cookies
0.084405899047852