As Pontes rehabilitará o firme na avenidas das Veigas e na rúa Pardo Bazán

TerraChaXa
Os traballos, cun investimento de máis de 79.000 euros, buscan reforzar a seguridade e comodidade do tráfico rodado e peonil nestas dúas vías estratéxicas do municipio
avenida-das-veigas-as-pontes
25 Jun 2025

O Concello das Pontes ven de aprobar o expediente de licitación do proxecto de mellora do firme na Avenida das Veigas e na rúa Pardo Bazán, dúas arterias principais do entramado urbano que presentaban sinais evidentes de deterioro.

As actuacións, cun orzamento de 79.421,08 euros, con cargo á Deputación da Coruña, están centradas na rehabilitación superficial e estrutural dos viarios, co obxectivo de garantir unha circulación máis segura, cómoda e eficiente tanto para vehículos como para peóns.

O plan inclúe tarefas de limpeza e preparación das marxes, fresado do firme deteriorado, regularización de zonas deformadas, reparación de fochancas con mestura bituminosa e a instalación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente. Ademais, está prevista a renovación da sinalización horizontal, para unha mellor organización do tránsito.

Desde o concello das Pontes apuntan que “estas obras forman parte do noso compromiso cunha vila máis segura, accesible e adaptada ás necesidades da veciñanza. Estas actuacións non só melloran a estética e funcionalidade das rúas afectadas, senón que tamén contribúen a reducir o risco de accidentes e a prolongar a vida útil da infraestrutura viaria.

⚙ Configurar cookies
0.18695497512817