As Pontes reparte manteis ecosostibles para apoiar á hostalaría

TerraChaXa
As Pontes iniciou a semana pasada o reparto de 60.000 manteis individuais desbotables ecosostibles entre os establecementos hostaleiros
manteis ecosostibles as pontes
17 Jul 2021

O Concello das Pontes iniciou a semana pasada o reparto de 60.000 manteis individuais desbotables ecosostibles entre os establecementos hostaleiros locais co obxectivo de colaborar co sector a cumprir coas medidas sanitarias impostas pola Covid 19, entre as que se esixe a utilización de manteis de papel de un só uso, en substitución da tradicional mantelería téxtil, contribuíndo, ao mesmo tempo, a facer fronte ao custe económico engadido que esta media ten para o sector.

"O uso deste tipo de mantelería presentábase como unha interesante oportunidade comunicativa para seguir coa liña de promoción que se está a levar a cabo desde o Concello", explica Elena López, concelleira de turismo.

Esta promoción "está relacinada co patrimonio e a historia de vila polo que o aproveitamos para recordar a efeméride do 650 aniversario da entrega da Vila das Pontes a García Rodríguez, a través dun deseño colorido que nos leva polos elementos máis representativos da vila”, engade López.

Elena López incide no potencial dun novo soporte comunicativo “ao que o público está exposto durante todo o tempo que estea á mesa de calquera dos establecementos hostaleiros da vila, podemos chegar, non só a toda a poboación pontesa de tódalas idades senón tamén ás persoas que cada día se achegan ata a nosa vila e gozan da gastronomía local".

Ademais, esta iniciativa incide na aposta que fai o Concello das Pontes polo medio ambiente e a sustentabilidade xa que os manteis está elaborados, exclusivamente, con cana de azucre, concretamente cos residuos xerados pola industria transformadora, facendo que os manteis sexan 100% biodegradables e 100% compostables, podendo convertese en abono, de forma directa, a través do seu proceso natural de descomposición. "Son ecosostibles, producíndose sen talar árbores e contribuíndo a reducir a pegada de carbono" engade Elena López.

0.16806411743164