As Pontes reparte os seus premios de Entroido
Coa intención de manter viva a tradición do Entroido na vila este ano o concurso de disfraces do Concello das Pontes adaptouse ao novo escenario presentado pola covid-19, mudando de formato e convertíndose nun Entroido 5.0. Deste xeito, na edición online garantíronse as normas sanitarias permitindo a participación de todas as persoas que así o desexaran a través de distintas categorías.
O xurado reuniuse de modo telemático e outorgou os premios.
MODALIDADE FOTOGRAFÍA
Na categoría Nabizas indiviual os premios foron para Cupcake de nata e chocolate, O diario de Greg. Descubrindo As Pontes e Unha vikinga namorada da Fraga. Tamén houbo accésit para Robot alieníxena, Skin Hugosovi e Peregrino.
En parellas gañaron Dous irmáns ponteses en conquista da Lúa, A vida no rural e Todo vai saír ben.
Na categoría de grelos individual o reparto foi para O costureiro da avoa, Reunión por videoconferencia dos/as expertos/as na covid-19 e Contaminazione. Houbo accésit para Asalto ao Capitolio e Rodrigo Cuevas
En parellas gañou Submarinistas, seguido de The Crown e Os antivirus.
En Mada houbo catro premios para O Recunchiño, Venimos del Perú, Polo río abaixo vai e Os monigotes van de ruta por As Pontes. Tamén repartiron accesit para Aladín e Disney.
MODALIDADE VÍDEO
Seguindo o reparto de categorías, en nabizas individual os premios foron para Pelegrín e Brawl Stars. O ataque do León Tiburón. En parellas correponderon a A sirenita e Tritón do Lago das Pontes, Pipi Medias Longas e o Sr. Nilson e Alieníxenas en loita.
En Grelos individual gañou Sombrereira tola, seguido de Mafalda e o Mundo e Guerrero. Tamén houbo un accésit para Carrapuchiña Vermella.
En Mada o reparto foi para Circo Retro, O Camiño de Santiago pasa por As Pontes, Todo sairá ben e Os ComeCocos. Un accésit foi para Simplemente un plan motivador.
Ademais repartiuse un premio especial do xurado 5.0 pola edición vangardista, espírito festivo, o desenfado, a alegría e a provocación para o disfrace “Desde Italia con amor”.