As Pontes saca a concurso público a explotación do bar da caseta do parque

TerraChaXa
O Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación para a explotación do bar A Caseta do Parque” situado no parque das Pontes.
BAR CASETA PARQUE AS PONTES
7 Feb 2023

O Concello das Pontes aprobou o expediente de licitación para a concesión administrativa, uso privativo, do dominio público municipal para a explotación do bar A Caseta do Parque situado no parque municipal do Concello das Pontes, por un período de 10 anos e cun canon mínimo anual de 2.727 euros.

O espazo municipal, cunha superficie total construída de 48,45 m2, consta dunha edificación con peche, carpintería e pavimento de madeira e cuberta de lousa, e está formada por catro dependencias: unha zona de soportal, unha zona de almacén, una zona de aseos e unha zona de bar, dispoñendo de instalación eléctrica e instalación de auga quente sanitaria.

A empresa adxudicataria estará obrigada a manter aberto ao público a bar todo o ano en horario de mañá e de tarde, agás o día 25 de decembro e 1 de xaneiro, e segundo o disposto pola lexislación vixente así mesmo os produtos que se empreguen deberán ser adquiridos, prioritariamente, en establecementos e provedores locais que conten coas necesarias autorizacións. Se devanditos produtos non estivesen dispoñibles a través de provedores locais, adquiriranse de xeito prioritario a provedores localizados a unha distancia inferior a 100 km da localidade das Pontes.

Por outra banda, ademais do equipamento aportado polo Concello, a empresa adxudicataria do servizo deberá realizar a provisión de calquera outro equipamento, mobiliario, accesorios e todos aqueles elementos necesarios para a prestación do servizo nunhas condicións óptimas de calidade (máquina cafeteira, lavalouzas, microondas…, e/ou calquera outro elemento para a adecuada execución do servizo).

Comprometéndose asemade ao coidado, mantemento e limpeza dos locais obxecto de concesión, das posibles terrazas, dos seus accesos e das zonas próximas a eles nas que se evidencie a presenza de residuos orixinados polas súas actividades, realizando a limpeza xeral ao remate de cada xornada, asegurando a conservación do espazo mediante a reposición dos materiais deteriorados e asumindo os custos relacionados coa posta en funcionamento, mantemento e conservación do local.

En relación ao persoal, a empresa concesionaria deberá poñer ao dispor do servizo o persoal necesario que considere para unha prestación do servizo nunhas condicións óptimas de calidade.

O persoal contratado dependerá exclusivamente da empresa contratista, quen asumirá as funcións de dirección e organización dos traballos para realizar e ostentará en exclusiva todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de dirección, debendo cumprir estritamente coas disposicións relativas en materia fiscal, laboral, de seguridade social, de prevención de riscos laborais, de seguridade e hixiene no traballo, e de todas aquelas que estean vixentes segundo a lexislación.

O prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a contar desde o día 8 de febreiro de 2023. A documentación presentarase a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, de acordo co previsto na Guía dos Servizos de Licitación Electrónica para Empresas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14714479446411