As Pontes: Senda da memoria

TerraChaXa
Itinerario pola contorna do lago, no que o visitante pode coñecer como eran os lugares que ocupaba o antigo oco mineiro.
praia lago das pontes
29 Out 2023

Itinerario pola contorna do lago, no que o visitante pode coñecer como eran os lugares que ocupaba o antigo oco mineiro.

De recente construción é a Senda da Memoria nas Pontes, unha pista perimetral polo lago desta localidade. É un percorrido de 9 quilómetros aberto ao público no que se esconde toda unha historia baixo as augas do lago.

O percorrido pódese facer a pé ou en bicicleta e é unha homenaxe ás parroquias desaparecidas e ás súas xentes.

No camiño hai papeleiras, áreas de descanso, un observatorio de paxaros e mesas explicativas con información sobre a contorna, a fauna e a flora. Desde o Concello piden aos usuarios respectar e manter limpo este espazo natural para que todo o público poida gozar do mesmo. Así mesmo, informan de que está prohibido o uso de vehículos de motor para evitar a deterioración da contorna.

Actualmente pode verse na mesma un ecosistema froito dunha colonización espontánea que alberga áreas de humidais, pasteiros, arboredos e matoxeiras nos que habitan máis de 217 especies vexetais e 205 animais.

A ruta foi inaugurada en xullo do ano 2017 como parte dun gran proxecto de restauración ambiental levado a cabo por Endesa tras o peche da mina ao descuberto de lignito situada nas Pontes. Este proxecto logrou converter un enorme buraco de 288 metros de profundidade e 6 km de lonxitude por 2,5 de ancho no Lago artificial máis grande de Europa.

O proxecto presentado por Endesa en 1983 e o lago foi inaugurado en maio de 2012 para o que se utilizaron uns 547 millóns de m3 de auga provenientes en gran parte do río Eume que achegaría 96 hm3/ano e que, xunto coas augas superficiais do vertedoiro, as de escorrentería do propio oco e as da planta TEL, tardaron máis de catro anos en encher o xigantesco buraco.

Este espazo natural e recreativo é utilizado para a práctica de deportes náuticos como vela, windsurf ou kaiak. En 2017 instalouse nas súas inmediacións a tirolesa máis grande de Europa, cunha lonxitude de 200 m e unha altura de 10 m.

O lago conta cunha praia artificial na zona máis próxima á localidade, en forma de media lúa e unha extensión de 370 metros con zona verde e outra de area, creada a partir de 90.000 toneladas de area de canteira lavada. Cunha temperatura media ao longo de todo o ano de 22 graos, é unha das grandes atraccións do lago.

A parte noroccidental do lago estableceuse como reserva ornitolóxica e zona de observación de aves.

No 2021 inaugurouse un tramo máis desta senda, 1.5 quilómetros desde a entrada ao lago ata o río Eume.

A ruta comeza na contorna do lago, un camiño nos achegará pouco a pouco pola antiga mina de carbón. Durante o camiño iremos coñecendo máis a historia da mina, das parroquias e da súa restauración ambiental.

O sendeiro levará ao visitante por toda a beira do lago, hoxe reconvertido en praia e área recreativa. Unha paisaxe diferente e espectacular por igual.

lago das pontes mirador
lago das pontes mapa
antes e despois lago das pontes
0.19251298904419