As Pontes será sede do Campionato galego de inverno de waterpolo

TerraChaXa
O Concello das Pontes acolleu a presentación do Campionato galego de inverno de waterpolo, en categoría cadete mixta, que se vai celebrar na piscina municipal os vindeiros 27 e 28 de xaneiro.
Presentacion Campionato galego waterpolo as pontes
26 Xan 2024

O Concello das Pontes acolleu a presentación do Campionato galego de inverno de waterpolo, en categoría cadete mixta, que se vai celebrar na piscina municipal os vindeiros 27 e 28 de xaneiro.

No acto de presentación estiveron presentes Ana Pena, concelleira de Industria, Juan Carlos Brión, presidente da Federación Galega de Natación, e Fernando Bustabad, presidente do Clube Marina de Ferrol, coorganizador do campionato.

A concelleira de industria agradecía que As Pontes fose escollida como sede deste campionato, xa que se trata dunha boa oportunidade de aumentar a oferta deportiva e de ocio nas Pontes un concello que conta con máis de corenta disciplinas deportivas; e que ao mesmo pode ser un bo revulsivo para retomar a práctica do waterpolo, deporte que xa contou cun equipo nas Pontes hai xa algúns anos.

Tanto Juan Carlos Brión, presidente da Federación Galega de Natación como Fernando Bustabad, presidente do Clube Marina de Ferrol, destacaron a colaboración do concello na organización deste campionato, destacando a calidade das instalacións da piscina municipal, unha das poucas de Galicia que cumple os requisitos necesarios para a práctica do waterpolo.

O campionato contará coa participación do Clube Waterpolo Pontevedra, o Real Clube Nautico de Vigo, o Clube Waterpolo de Lugo, o Clube Waterpolo Rías Altas, o Clube Waterpolo As Mariñas, o Clube Waterpolo Santiago, que compite con equipo masculino e feminino, e o Clube Waterpolo Marina de Ferrol, que participa tamén como coorganizador da competición aportando os medios técnicos, materiais e humanos necesarios para a celebración do evento.

O campionato dará comezo o sábado 27 de xaneiro ás 16:30h e terá o formato de KO, con sistema de cruzamentos entre os clubes participantes. Xa o domingo 28, ás 9:30h da mañá dará comezo a segunda xornada do campionato onde se disputarán as semifinais e as finais.

0.11060810089111