As Pontes suspende este ano a cita cultural 'Cita coa Historia'

TerraChaXa
A asociación Lembranza da Vila decide facer unha pausa para preparar unha edición renovada en 2026
Cita-coa-Historia-As-Pontes
15 Aug 2025

O Concello das Pontes anunciou que este ano non se celebrará a actividade cultural 'Cita coa Historia', organizada tradicionalmente pola asociación Lembranza da Vila coa colaboración do propio Concello.

A decisión foi adoptada pola entidade organizadora, que optou por tomarse un pequeno descanso co propósito de regresar o vindeiro ano cunha edición renovada, cargada de ilusión, forza e novas propostas destinadas a seguir poñendo en valor a historia, o patrimonio e a identidade da localidade.

Tanto desde o Concello como desde a asociación Lembranza da Vila quixeron trasladar o seu máis sincero agradecemento polo apoio, o cariño e a implicación que, edición tras edición, demostran a veciñanza e todas as persoas que se achegan á vila para participar nesta cita tan especial para a comunidade pontesa.

⚙ Configurar cookies
0.16273617744446