As Pontes terá o día 20 a súa xornada de convivencia dos maiores

TerraChaXa
Será a partir das 13:00 horas, no Pavillón Polideportivo Monte Caxado, para a veciñanza do municipio de máis de 65 anos
xornada-maiores-concello-as-pontes
3 Sep 2025

O Concello das Pontes celebrará o próximo sábado 20 de setembro, a partir das 13:00 horas, no Pavillón Polideportivo Monte Caxado, a segunda Xornada de Convivencia para Maiores, unha actividade dirixida á veciñanza do municipio maior de 65 anos.

Esta iniciativa ten co obxectivo fomentar a relación entre a veciñanza das diferentes parroquias e lugares da vila, ofrecendo un espazo de encontro no que as persoas maiores das Pontes sexan as protagonistas. Trátase dun recoñecemento ao seu papel fundamental dentro da sociedade pontesa.

Durante a xornada compartirase un xantar popular, haberá actuacións musicais en directo e finalizará cun animado baile, nun ambiente pensado para o goce, a convivencia e a celebración.

Desde o goberno local, apóstase polas persoas maiores, que “representan unha parte esencial da nosa memoria colectiva, dos nosos valores e da nosa identidade como pobo. Actividades coma esta reflicten o compromiso do Concello por construír unha vila máis cohesionada, máis activa e máis xusta para todas as xeracións” subliña Tania Pardo, concelleira de Benestar Social.

Para participar será preciso inscribirse previamente, entre o 3 e o 12 de setembro, chamando aos números de teléfono 667 12 93 36 ou 981 44 10 08 (de 09:00 a 14:00 horas).

⚙ Configurar cookies
0.164381980896