As Pontes terá unha Noite Heavy o próximo 18 de maio

TerraChaXa
O Concello das Pontes organiza a Noite Heavy, unha nova proposta cultural a través da que se busca visibilizar e dar resposta as inquedanzas musicais da veciñanza ao mesmo tempo que achega a promove a cultura heavy rock entre novos públicos.
presentacion noite heavy as pontes
10 May 2024

O Concello das Pontes organiza a Noite Heavy, unha nova proposta cultural a través da que se busca visibilizar e dar resposta as inquedanzas musicais da veciñanza ao mesmo tempo que achega a promove a cultura heavy rock entre novos públicos.

Durante a presentación do evento, a concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, que estivo acompañada dos integrantes das bandas que participarán no concerto, apuntou que “estamos ante un estilo musical que conta con numerosas persoas afeccionadas, tanto no noso municipio como na nosa comarca, e a través desta proposta buscamos achegar e promover a cultura heavy rock a novos públicos que están influenciados por outros xéneros musicais, para que coñezan un estilo con décadas de historia, ao mesmo tempo que damos a coñecer e apoiamos o traballo dos grupos da nosa comarca, facendo que Noite Heavy sexa un escaparate de promoción para elas”.

Noite Heavy celebrarase o vindeiro 18 de maio, a partir das 22:30 horas, no patio do Colexio Santa María e contará coa participación da banda local Raze, banda de Thrash Metal formada no 2007. A agrupación comenzou tocando Thrash clásico, evolucionando sen perder a súa esencia. Apaixonados da música e devoradores de grande cantidade de xéneros, desde o Blues ata o Brutal Death que se reflexa nos seus temas. O seu último traballo e o EP titulado Grave For The Weak, gravado pola banda no estudio JFT Producciones, mesturado e masterizado por José Fernando Tercero.

A partir das 00:00 horas, a quenda será para Cranio, banda de Heavy Metal formada no ano 2015 na parroquia de Santa Mariña de Ferrol e con varios membros de Mugardos e Ares. Na súa música podemos atopar matices do Heavy Metal Nacional, lembrando a bandas dos anos 80 e 90.

Nas súas composicións destacan a súa forza apaixonada e un sentido do humor moi característico en todo o seu repertorio. As súas letras destacan por enviar unha mensaxe de liberdade e ofrecer unha forma de vivir diferente.

En 2020 gravaron o seu primeiro disco nos estudios Tercera planta de Ares (A Coruña) coa produción de Manuel Ramil (Avalanch, Mago de Oz e Adventus). A portada correu a cargo de José Antonio Vives (José Rubio, Lust, Robert Beade, Ankhara, etc...) baixo o selo discográfico Demons Records.

Pola súa banda, Berto de Cranio e Maca de Raze convidaron á veciñanza a achegarse ata o Patio do Colexio Santa María para gozar dunha xornada no que as dúas bandas prometen moita diversión e dar renda sola as súas propostas, desexando que esta nova iniciativa cultural se consolide e pase a formar parte do calendario cultural do Concello das Pontes.

0.15243887901306