As Pontes traballa coa vila lusa de Maia en desenvolvemento sustentable
O Concello das Pontes acolleu esta semana a visita de representantes da cámara municipal de Maia (Portugal) para coñecer, de primeira man, exemplos de boas prácticas e as políticas públicas que se están adaptando en diferentes territorios, para implementar os obxetivos de Desenvolvemento Sustentable fizado pola ONU na Axenda 2030.
Durante dous días, membros do goberno local, técnicos municipais e axentes do tecido socioeconómico das Pontes afondaron, da man de persoal do Instituto Marquês de Valle Flôr de Lisboa, na Axenda 2030, nos seus principios e obxectivos para a continuación intercambiar información sobre o traballo levado por As Pontes e Maia a prol dos ODS e achegarse máis polo miúdo ás diferentes fases da localización dos ODS (sensibilización, adaptación, implementación e monitorización) co obxectivo de favorecer a súa implementación no eido local e impulsar novas dinámicas de gobernanza, orientada a eliminar as desigualdades.
Este encontro forma parte do programa Intercambios Galicia-Portugal: os municipios a prol dos ODS; organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e no que participan, xunto ao Concello das Pontes, os concellos de Guitiriz, Ponteareas, Vilagarcía, Pontevedra e Verín.