As Pontes ultima o proceso de contratación de 3 axentes e 5 auxiliares de Policía Local
O Concello das Pontes ten previsto formalizar a contratación dos novos axentes e auxiliares da policía local durante o mes de xuño.
Así, o martes finalizou o prazo de presentación de instancias para o proceso selectivo de dous axentes de policía local, libre oposición, estando prevista a celebración das probas selectivas de xeito inmediato e que permitirían a súa incorporación ao cadro de persoal do Concello antes da época estival.
Por outra banda, a praza de policía local, en quenda de mobilidade, está pendiente de resolución por parte da Xunta de Galicia e así, en cando se resolva, o Concello das Pontes procederá, de xeito inmediato, á contratación do axente de policía local.
Ademáis, o Concello das Pontes continúa co proceso para reformar o departamento da Policía Local coa apertura, o martes, do prazo de presentación das instancias para o proceso selectivo para a contratación de cinco auxiliares de policía local
As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo poderán presentar as súas solicitudes ata o día 9 de maio, incluído, a través da sede electrónica municipal e as contratacións poranse en marcha no mes de xuño.