As Pontes vibrou a fin de semana co Orballo Cultural

TerraChaXa
As Pontes vibrou, esta fin de semana, coa proposta musical do festival Orballo Cultural, ao que asistiron preto de 500 persoas.
Orballo Cultural_ Concerto Verto
12 Xul 2021

As Pontes vibrou, esta fin de semana, coa proposta musical do festival Orballo Cultural na que se fusionaron os sons da música tradicional coa música electrónica, a música pop e o trap da man Verto, Ptazeta, Baiuca e o artista local Manufa.

O concelleiro de Cultura, Vicente Roca, valorou moi positivamente este festival, ao que asistiron preto de 500 persoas e “que permitiou achegar á veciñanza das Pontes e ao público procedente de moitos lugares de Galicia novas propostas musicais que están a xurdir no panorama galego e nacional que, pouco a pouco, se están facendo un oco”.

Así mesmo fíxose eco da satisfacción do público que se achegou ata o patio do Colexio Santa María atraído por unha aposta musical diferente e que puideron gozar da cultura con todas as garantías de seguridade, facendo fincapé na organización do evento e na distribución do espazo así como no control das medidas sanitarias.

Por outra banda, tamén quixo trasladar a mensaxe unámide de tod@s @s artistas que participaron no Orballo Cultural sobre a cercanía e a enerxía que desprendía o público pontés, facendoos gozar da emoción e as mellores sensacións da música en directo.

O Orballo Cultural pontés comezou o sábado cunha sesión vermú ás 12.30 horas amenizada por Verto que cos seus ritmos pop, trap e disco fixeron ao público das Pontes erguerse das súas cadeiras.

Ás 21:30 horas foi a quenda de Ptazeta, acompañada no escenario polo productor e DJ Juacko, que amosou a súa esencia sobre o escenario con temas moi pegadizos coas mulleres coma grandes protagonistas. A noite pechouna o artista pontés, Manufa, que na súa primeira actuación en público non defraudou ao público.

O domingo ás 12.30 horas foi a quenda para Baiuca e a súa banda quen amenizou a xornada ca súa renovación da música tradicional galega cunha posta escena que non deixou indiferente a ninguén, cunha parella de baile galego que foi acompañada polo público desde as súas cadeiras.

0.20655083656311