As Pontes vólcase coa celebración das Letras Galegas

TerraChaXa
O Concello das Pontes, con motivo do Día das Letras Galegas, porá en marcha un total de sete actividades para homenaxear á autora sarriana.
Dia das Letras portada_as pontes
6 Maio 2021

O Concello das Pontes, con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura da escritora Xela Arias, porá en marcha ao longo do mes de maio un total de sete actividades para homenaxear á autora sarriana e achegar á veciñanza a literatura escrita en lingua galega.

A primeira cita será o sábado, 8 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos da Casa Dopeso, coa presentación do libro Lugar de incendios de Paco Souto e Serxio Moreira, que contará coa participación de diversos veciños e veciñas da vila que porán voz os textos.

Xa a seguinte semana, o xoves, 13 de maio, a partir das 18:00 horas, na Casa Dopeso, para o público más novo, a compañía Trémola Teatro representará a obra Brilla brilla, un espectáculo sensorial para bebés que os/as achegará a valores como a solidariedade e o compañeirismo.

A programación continuará o venres, 14 de maio, coa palestra de Chus Nogueira Busco a vida entre papeis, que achegará ao público asistente á figura de Xela Arias

Xa o sábado, 15 de maio, ás 12:00 horas, o salón de actos da Casa Dopeso acollerá a presentación do libro O Pau de Ferro, primeira novela do xermadés, X. M. Felpeto . Pola tarde, ás 18:00 horas, diante do Concello, o Grupo Poético Alalá celebrará o seu Recital Poético de Primavera, onde se recitará unha peza da poeta e outras obras creadas polos poetas e poetisas pontesas.

O xoves, 20 de maio,Compañía Eléctrica chegará a As Pontes co seu espectáculo Aibō que propón unha versión diferente do conto popular da Carapuchiña Vermella para ofrecer unha ollada positiva sobre a relación coa natureza e entre as persoas.

Péchase a programación o sábado, 29 de maio, ás 12:00 horas, no salón da Casa Dopeso coa presentación dos libros de Medos Romero, Hortensia e Peixes que esvaraban ao unísono.

Dia das Letras as pontes
0.15620899200439