As Pontes volverá contar co servizo Coidados porta a porta en novembro

TerraChaXa
Os días 9, 10, 11 e 14 de novembro terán no Canal IV das Pontes unha unidade móvil dentro da campaña Coidados porta a porta
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
1 Nov 2022

As Pontes recibirá os días 9, 10, 11 e 14 de novembro, a segunda visita da unidade móbil de Coidados porta a porta, a iniciativa financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation para achegar aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado no Canal IV entre as 9.00 e as 20.00 horas.

Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unah banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

visita coidados porta a porta as pontes
0.17773604393005