As Pontes acolle unha concentración de escolas de rugby de toda Galicia

TerraChaXa
Este domingo será día de rugby nas Pontes coa II Concentración de Escolas de rugby, organizada pola FGR e o club local Fendetestas.
concentracion rugby as pontes portada
concentracion rugby as pontes portada
22 Nov 2022

Este domingo será día de rugby nas Pontes coa celebración da II Concentración de Escolas de rugby, organizada pola FGR e o club local Fendetestas.

No mes de maio organizaron por primeira vez unha concentración, na que participaron os clubs do norte. Pero desta vez asumiron o reto de organizar un evento a nivel galego, con visita de todas as escolas de rugby.

Así está prevista a participación de 387 nenos e nenas de 14 clubes galegos polo que haberá un total de 70 partidos entre as distintas categorías.

A cita será ás 11.00 horas nas instalacións deportivas do Poboado.

concentracion rugby as pontes
0.17960405349731