As praias de As Catedrais e Castros-Illas renovan a Q de Calidade
O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Jorge Díaz Freije, fai unha valoración moi positiva da renovación da Q de Calidade Turística que veñen de conseguir as praias de As Catedrais e Castros-Illas.
O edil declarou que “vimos de coñecer unha nova que é a renovación da Q de Calidade que concede o Estado a través do Instituto para a Calidade Turística Española”.
Díaz Freije dixo que “neste caso a Q de Calidade renóvase durante tres anos máis, concedida sobre todo no que ten que ver co turismo nas praias, limpeza e socorrismo”.
O concelleiro subliñou que “se nos concede outros tres anos máis, pero este 2020 é excepcional para todo, debido á problemática sanitaria do Covid-19. É un traballo arduo o que hai que realizar porque leva varias auditorías e é unha labor complexa durante moito tempo. Así que seguimos traballando e coa mesma liña destes últimos anos”.
Jorge Díaz engadiu que “esta Q de Calidade se renova para as praias de As Catedrais e Castros-Illas. Facemos unha valoración positiva porque indica que estamos nunha liña boa de traballo. Isto require un esforzo de persoal e de intendencia moi importante porque esixe uns requisitos diferentes aos doutros distintivos”.