As preguntas do PSOE centran en Cospeito o Pleno no que se aprobou o Plan Económico
O Pleno ordinario de Cospeito, que se celebrou na tarde de onte, tiña na orde do día diferentes cuestións económicas entre as que figuran unha trnasferencia de crédito e a aprobación do plan económica financeiro. En todos os puntos, que se aprobaron pola maioría do equipo de Goberno, contaron coa abstención do PSOE.
Os socialista só indicaron no seu debate a conveniencia de que o Concello cumpra cos requisitos da regra de gastos e que "faga caso das recomendacións de Intervención para limitar os gastos necesarios e a xeralización das licitacións para a contratacións, entre outras medidas.
Os resto do Pleno consistiu na contestación das once preguntas que presentou o Partido Socialista. A primeira foi relativa á situación na que se atopa o Pxom, ao que se presentaron unhas mil alegacións que se contaba con que estiveran resoltas o antes posible. Antes isto a socialista acusou á empresa de "informalidade" e pediu que se axilizara o proceso "porque son moitas alegacións e moito por responder".
Tamén fixeron un repaso da situación do Concello ante a pandemia da covid-19. O alcalde explicou que aínda que se dan casos novos cada certo tempo non hai gromos e no colexio todo funciona normalmente. Rosa Morán, a voceira socialista, indicou que tal e como recomendaron na reunión da comisión se puxeron carteis coas normas de uso nos parques e continuaron realizando as desinfeccións nas zonas públicas.
No terceiro punto pediron información sobre os seguros de responsabilidade civil cos que conta o Concello pero o alcalde non aclarou todas as coberturas que tería polo que prometeu entregar unha copia da póliza ao PSOE para a súa revisión.
As estradas ocuparon moito do tempo de debate. Así, a dos Canaredos, que une as parroquias de San Martiño de Corvelle na Pastoriza e Muimenta, foi obxecto de debate novamente tras a reivindicación que fixeron hai días plantando árbores no medio da rúa para reclamar o seu arranxo. O alcalde, que reconoceu o estado no que se atopa, asegurou que estaba previsto aglomerala e a intención é que entre dentro dun plan. Morán asegurou que ao día seguinte da protesta abríronse as cunetas e agora aínda está peor. Armando Castosa asegurou que ata febreiro non se poderá facer a obra pero que a rebachearán cando poidan.
As que si están dentro do Plan Único son a de Roás, que segundo recoñeceron tiñan moita falta. A intencion é licitala o antes posible pero tamén se fará un repaso das fochancas porque a obra tamén terá que esperar a despois do inverno.
Os socialistas tamén levaron a queixa da situación que se vive en Cospeito e Pino onde se están a realizar obras de abastecemento de auga, unhas obras que está a realizar a Xunta e que teñen aos veciños protestando pola situación que están a pasar. Goberno e oposición estiveron de acordo no mal estado no que está a quedar a zona e o concelleiro de Obras asegurou que cando se reciban as obras, a zona deberá estar en bo estado, que xa o tramitou así coa empresa.
O grupo de Goberno tamén se comprometou a colocar máis contedores de lixo naquelas zonas onde hai deficiencias no servizo. Así o explicou o PSOE sobre os barrios de Mato e O Salto en Pino. O alcalde asegurou que compraron 20 contedores que servirán para o reforzo do servizo.
O alcalde tamén explicou a razón das obras que se están a levar nas parroquias de Muimenta e Momán. Nos dous casos se trata dunha obra para mellorar o servizo de abastecemento de auga que está a realizar a Xunta. Ao lado do centro médico de Muimenta están a instalar un caudalímetro que tamén medirá a calidade da auga. En Momán será un clorímetro porque está lonxe da captación. Nos dous casos carecen de cartel no lugar das obras porque están situada toda a información xunta.
Finalmente, o PSOE preguntou polo plan de desbroce de pistas. O alcalde asegurou que só queda por desbrozar a parroquia de Pino que se fará en breve e que naqueles puntos onde quedarse definciencias seguirán actuando a demanda. Tamén se comprometeron a comezar un plan para reabrir aqueles camiños en desuso e que estean ocupados por maleza porque deixaron de limpezarse nos últimos anos. Irano facendo pouco a pouco mentres o equipo non teña ocupacións máis urxentes.