As programación infantil nas festas de Vilalba arrincará o 27

TerraChaXa
Os nenos centrarán unha parte das festas de Vilalba, de feito, hai unha serie de actividades que están programadas para eles durante este tempo de celebración.
inchable
26 Aug 2018

Os nenos centrarán unha parte das festas de Vilalba, de feito, hai unha serie de actividades que están programadas para eles durante este tempo de celebración. Así, a primeira das actividades previstas é o luns 27 de agosto, cando se celebrará un taller de creación na praza da Constitución dirixido por Colorín Colorado. O contido do obradoiro será unha sorpresa pero xa se sabe que se tratará de diferentes actividades manuais. Ademais, en caso de choiva, esta cita traladarase ao Centro Cultural Recreativo.  A continuación, e tamén dentro da programación cultural para toda a familia e organziado polo Concello, representarase no Concello a obra de teatro Duncan de Palleiro, que terá lugar no Auditorio Carmen Estévez a partir das 18.00 horas con entrada de balde. A obra está a cargo do coñecido grupo Lila Teatro.

Pero o gran día dos pequenos será o martes 28, que dará comezo ás 11.30 horas cun taller de cociña para os cativos, taller dirixido tamén por Colorín Colorado e que consistirá nun divertida lección de cociña sinxela para todos os públicos.

Ás 12.30 horas será a vez do Mago Roberto Lolo, que na praza da Constitución cautivará a todos cos seus últimos trucos de maxia.

Finalmente ás 16.30 horas abrirase a veda para a diversión con inchables e xogos de todo tipo que se desenvolverán entre a praza da Constitución e a praza de Santa María.

Será sen dúbida un día de diversión total onde os nenos pasan a ser os protagonistas e, se o tempo acompaña, poderán gozar dunha xornada propia para eles.

O mércores 29 continuarán cos obradoiros na praza da Constitución. Nesta ocasión o equipo de animación de Colorín Colorado ofrecerá un obradoiro de baile no que a estrela será Mickey, que estará acompañado de todos os seus amigos.

No hai que esquecer que ese mesmo día será a Festa da Bicicleta, na que poderán participar nenos de todas as idades, sós ou acompañados tanto en bicicleta, como en monopatín, patíns ou calquera outro aparello que permita o desprazamento sobre rodas sen motor.

Non hai que esquecer que moitas das actividades deportivas postas como as simultáneas de xadrez ou as portas abertas de tenis de mesa, ambas as dúas o propio día infantil.

Quen non faltará este ano ao San Ramón será o ratiño Pérez, que sorterá entre os seus veciños que compren as rifas unha estadía no balneario de Carabullo para dúas persoas.

0.15571308135986