As quedadas laneiras das Pontes chegan ata Muras ese domingo
TerraChaXa
Ademais de tecer, as participantes poderán compartir experiencias e técnicas ata as 19.00 horas

8 Feb 2025
Puntadas Con Agarimo organiza unha nova quedada laneira e na que é a súa undécima edición desprázase ata Muras.
Esta será este domingo 9 de febreiro, ás 16.00 horas, na Casa do Médico.
Ademais de tecer, calceta e gancho, as participantes poderán compartir experiencias e técnicas ata as 19.00 horas.
As persoas que desexen anotarse ou informarse poden facelo no 658 961 505 (Vero).