As relacións sociais e sexuais son o tema da charla de Espazo en Familia deste luns nas Pontes

TerraChaXa
Falarase da adquisición de habilidades comunicativas e resolución de conflitos, o entendemento de normas ou o concepto de sexualidade
charla-espazo-en-familia-as-pontes
Cartel do evento
15 Jun 2024

O Concello das Pontes puxo en marcha a terceira edición do programa de apoio socioeducativo Espazo en Familia, dirixido a todas as familias pontesas con fillos e fillas menores de idade escolarizados nos centros educativos das Pontes.

A seguinte sesión será este luns, 17 de xuño, ás 18.00 horas no soto da Casa Dopeso. Trátase dunha charla sobre o despertar social, moral e sexual dos fillos.

Abordaranse coñecementos e pautas de educación arredor do desenvolvemento social, moral e sexual na infancia e adolescencia. Entre outros temas, falarase da adquisición de habilidades comunicativas e resolución de conflitos, o entendemento de normas ou o concepto de sexualidade e como se constrúe.

Espazo en Familia e unha iniciativa que ten como obxectivo prioritario ofrecer aos pais e nais un lugar para compartir as súas inquedanzas sobre a crianza e educación dos seus fillos e fillas e poder abordalas con éxito, ademais de poder aprendan a desenvolver accións de crianza positiva que faciliten e promovan o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

O programa, a través de sesións grupais e individuais e accións de formación, abordará nesta terceira edición temáticas relacionadas coas etapas evolutivas das crianzas, manexo de emocións, os principais riscos das pantallas, prevención de adicións, entre outras.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17212009429932