As reunións nas parroquias de Vilalba para falar da recollida de lixo serán o venres esta semana
TerraChaXa
Marta Rouco visitará Ladra e Nete só porque ten unha viaxe os primeiros días

17 Feb 2025
Esta semana continuarán as reunións cos veciños e veciñas do rural para coordinar as novidades do contrato do lixo
A alcaldesa, Marta Rouco, desprazarase a comezos da semana ata Viana do Castelo para acudir á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, polo que as xuntanzas realizaranse o venres, 21 de febreiro, ás 20:00 en Ladra e ás 21:00 en Nete.
"A semana seguinte, a do 24 de febreiro, retomaremos as reunións os luns, martes e venres como vén sendo habitual, ata que pasemos polas 29 parroquias" explicou a rexedora, Marta Rouco.