As rupturas matrimoniais diminúen en Galicia un 8,1 % no terceiro trimestre

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
As rupturas matrimoniais diminúen en Galicia un 8,1 % no terceiro trimestre do ano. Presentáronse 1.001 demandas de divorcio e separación
matrimonio anels divorcio
8 Dec 2022

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia no segundo trimestre do ano foi de 1.001, fronte ás 1.089 que se rexistraron no mesmo período de 2021, o que supón unha diminución do 8,1 %. No Estado o descenso foi do 3,1 %. Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación ao 1 de xaneiro de 2022, obsérvase que por cada 100.000 habitantes en Galicia contabilizáronse, no período estudado, 37,2 demandas, fronte ás 41,1 de media estatal.

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade diminuíron os divorcios consensuados (de 659 a 553, un 16,1 %) e incrementaron os non consensuados (de 399 a 414, un 3,8 %). As separacións consensuadas, pasaron de 22 a 24 no segundo trimestre do ano, mentres que das non consensuadas rexistráronse oito, as mesmas que en 2021. Neste período contabilizáronse dúas peticións de nulidade matrimonial.

Entre o 1 de xullo e o 30 de setembro iniciáronse 133 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 9 % máis que no mesmo período do ano anterior. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 301 a 319, un 6 % máis.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 181 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 229 do terceiro trimestre de 2021, o que supón un descenso do 21 %; e 245 demandas de modificación de medidas non consensuadas (251 o ano pasado), o que representa unha baixada interanual do 2,4 %.

0.15953707695007