As V Xornadas Micolóxicas de Barreiros serán durante a fin de semana

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Nov 2019

As V Xornadas Micolóxicas de Barreiros serán o sábado 30 e o domingo 1 de decembro.

Así, o día 30 de novembro ás 20.00 comezará na Aula Cemit do Teleclube de San Cosme, coa charla micolóxica a cargo de Xesús Blanco García, presidente da Asociación Os Bolouros, de Foz.

Xa o domingo día 1 de decembro, haberá unha saída ao monte na procura de cogumelos.

Ás 10 da mañá haberá unha xuntanza na praza do Concello de Barreiros e  ás 14.30 será a quenda do xantar, cun menú degustación no Restaurante A Barrica de Lorgi.

Tanto a charla coma o roteiro son gratuítos, pero o menú son 25 euros por persoa.
A organización lembra que o roteiro é de dificultade baixa, polo tanto é apto para nenos e maiores.

0.13342213630676