As ximnastas da escola Porta Norte seguen acadando notoriedade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Nov 2019

A Escola de Ximnasia Porta Norte de Burela vén de competir en Pamplona no Campionato de España de Conxuntos Base acadando a praza número 53 dun total de 107 conxuntos participantes acadando unha nota de 8,450.

Na Copa de España Individual Base destacou a vicedense Mara Pigueiras que obtivo un 6,650 e competiu na categoría infantil con cinta.

A Escola de Ximnasia Porta Norte está adicada ao ensino da Ximnasia Rítmica e actualmente conta con socias en Ribadeo, Burela e Viveiro, onde se realizan entrenos dous ou tres días á semana co obxectivo de preparar ás deportistas para a competición. Segue competindo e cosechando éxitos no palmarés.

De feito, cabe lembrar que no 2011 quedaron no terceiro posto a nivel Galicia no conxunto infantil do nivel de promoción.

No 2012, o conxunto sénior do nivel escolar quedou campión galego, o prebenxamín de promoción quedou subcampión galego e Ana Rico, a ximnasta infantil de nivel de promoción foi subcampioa galega.

No 2013, o conxunto infantil do nivel escolar quedou e terceiro posto do Galego, o conxunto cadete do nivel escolar resultou subcampión galego, o conxunto infantil de nivel de promoción quedou como terceiro clasificado galego e Ayelén García, ximnasta cadete de nivel promoción, foi campioa galega.

Antes de marchar, fixeron os seus últimos adestramentos coa presencia do alcalde de Burela, Alfredo Llano, que lles transmitiu todo o seu apoio antes de partir a Pamplona.

0.18717813491821