As xogadoras laranxas tamén foron homenaxeadas no Ángel Carro onde fixeron o saque de honra
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
18 sep 2019
O Pescados Rubén Burela FS gozou o pasado domingo da vitoria en Segunda División do CD Lugo no Anxo Carro fronte ao Fuenlabrada (2-0) como convidado de luxo. A capitá laranxa, Bea Mateos, realizou o saque de honra nunha cita na que as mariñás foron homenaxeadas cun pasillo inicial como supercampioas de España e triunfadoras do 4Nations Futsal de Milán, ademais da I Copa de SM A Raíña.
O clube quixo dar as grazas unha vez máis aos veciños albivermellos por este gran xesto.
Tamén recibieron outra homenaxe da Deputación por gañar as supercopas de España e de Europa.