As Xuventudes Socialistas convocan un concurso de microrrelatos sobre a muller

TerraChaXa
As Xuventudes Socialistas de Vilalba retoman o seu xa consolidado Certame Literario Mª José Vázquez Verdes.
microrrelatos
27 Feb 2018

As Xuventudes Socialistas de Vilalba retoman o seu xa consolidado Certame Literario Mª José Vázquez Verdes. Nesta ocasión, veñen de lanzar unha convocatoria de consurso de microrrelatos, nos que piden unha temática feminista no que a protagonista sexa unha muller para dar visibilidade a todas as reivindicacións que se fan máis notorias neste mes de marzo, no que se celebra o Día Internaciona da Muller.

“A desigualdade de xénero como consecuencia dun sistema machista e patriarcal afecta a todos os ámbitos da vida das mulleres, cunha brecha salarial que supera o 20%, as enormes trabas para a conciliación da vida familiar e laboral, a desprotección das mulleres ante a violencia machista, ou a invisibilidade do talento feminino na súa vida profesional”, sinala o Secretario Xeral, Miguel González. Nesta liña, a organización socialista decidiu “contribuír á loita feminista a través da cultura, apoiar todos os reclamos que se están a facer e que nos levan á convocatoria máis que motivada dunha folga o vindeiro 8 de marzo, e transmitilo mediante pequenas pezas literarias que empreguen a forza da palabra para mudar un machismo que impera na nosa sociedade”.

Nas bases do concurso limítase a extensión das obras a 200 palabras, non podendo presentar un mesmo autor ou autora máis de 3 microrrelatos. O prazo de recepción rematará o 19 de marzo ás 23:59 horas, e o fallo do xurado, formado por diversas persoas do ámbito educativo e cultural da vila, darase a coñecer o 28 de marzo. Entregarase un único premio de 100 euros, e tanto as bases como o envío das obras pódense consultar no seguinte enlace https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeWT_YzZNzgcDHApoXYksxtINRdOBb-162nI2nD5DAUS2pv3A/viewform, dispoñible tamén nas redes sociais das Xuventudes Socialistas de Vilalba.

0.12563490867615