Asapa equipa o local social da Pastoriza con calefacción
A Asociación de Empresarios da Pastoriza (Asapa) vén de iniciar as melloras no local social da veciñanza da Pastoriza, lugar que xestiona dende o día 1 de xaneiro.
O obxectivo do colectivo empresarial é ir equipando o local acolléndose a distintas axudas das administracións ou doazóns dalgunha empresa.
A primeira destas actuacións é a colocación dunha caldeira de pelets no local, grazas a un acordo que chegaron con BigMat Huertas de Pousada, unha parroquia deste Concello.
O local social carecía de calefacción, "e dadas as condicions climatolóxicas desta zona, creíamos que era o primeiro paso a dar para un mellor confort para as xuntanzas", explica o presidente do colectivo, Marcos García Lombardero.
"Queremos dar as gracias a directiva do monte vecinal e os veciños pola confianza depositada en nós para levar a xestion do local, e dar as grazas tamen a BigMat Huertas, que counha simple chamada fixo esto posible, tamen, por último, dar gracias ao albanel Paco, pola colocación de dita caldeira, que prestou voluntariamente. Somos unha asociación pequena, certo, pero con grandes retos para intentar que os nosos veciños e amigos disfruten do rural e disfruten da Pastoriza", conclúe o presidente de Asapa.