Asinada a compra da parcela na que se ubica a Torre de Caldaloba

TerraChaXa
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, asinou a adquisición da parcela na que se ubica a Torre de Caldaloba, en Pino, en Cospeito.
firma compra parcela torre caldaloba
22 Oct 2022

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro asinou este venres a adquisición da parcela na que se ubica a Torre de Caldaloba, en Pino, en Cospeito.

A compra dos terreos, que inclúen a metade da edificación e o sistema de fosos e contrafosos defensivos do perímetro, trasladouse a documento público formalizando a adquisición da parcela e, polo tanto, a súa incorporación ao patrimonio público, o que supón un fito na historia da protección dos bens patrimoniais en Galiza.

Maite Ferreiro agradeceu á antiga propiedade a súa colaboración para chegar a un acordo de venda histórico e mostrouse confiada “en lograr nos vindeiros días un acordo coa  Xunta de Galiza para seguir avanzando en acadar a propiedade pública da totalidade da Torre e da súa contorna de protección e desenvolver un proxecto de recuperación, consolidación e posta en valor que reflicta  a súa importancia patrimonial, histórica e simbólica para Galiza”.

A sinatura do contrato de compravenda coa antiga propiedade, ante notaria, completa o proceso de  adquisición da parcela, iniciado coa aprobación do procedemento en Xunta de Goberno o pasado 29 de xullo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17465901374817