Asinado o contrato de limpeza, cociña e asistencia básica na residencia de Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
A Deputación asinou o contrato das prestacións de limpeza, cociña e asistencia básica na residencia de Ribadeo.
27 Maio 2019

A Deputación asinou o contrato das prestacións de limpeza, cociña e asistencia básica na residencia de Ribadeo. Está dotado de 2 millóns ata xuño 2022. Formalizado este contrato e rexeitada pola xustiza a solicitude de PP e non adscrito da súa suspensión inmediata, o centro de maiores pode comezar a funcionar.
Das máis de 50 solicitudes de prazas, profesionais de servizos sociais de Deputación e Concello resolveron 30. Son de veciños de Ribadeo na súa maioría, aínda que tamén hai do Valadouro ou de Mondoñedo. Estes maiores serán polo tanto os primeiros que accederán de xeito inmediato a estas instalacións.
A entidade que resultou finalmente adxudicataria de mencionadas prestacións foi Clece. Precisamente foi este contrato, imprescindible para a posta en marcha do centro de maiores, o que o Partido Popular e non adscrito recorreron á xustiza, solicitando medidas cautelares para a súa inmediata paralización e así impedir a apertura da residencia de Ribadeo. A xustiza díxolles non.
O centro de maiores de Ribadeo ofrece 48 prazas de residencia. Deputación e Concello fixaron que teñen prioridade de acceso ás mesmas os veciños de Ribadeo en primeiro lugar, os da Comarca da Mariña seguidamente e logo lucenses en xeral.
O prezo da praza calcúlase en base á capacidade económica de cada usuario. Senón teñen recursos suficientes, a Deputación financia con ata 600 euros a praza. Senón é suficiente, o Concello achega a parte restante. Deste xeito, garántese a todos os veciños o acceso universal ao centro de maiores.

0.12286305427551