Asinado un convenio de colaboración en Vilalba para a reforma do campo da Madalena

TerraChaXa
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou o concello lucense de Vilalba onde asinou un convenio de colaboración co alcalde local, Agustín Baamonde, para acometer as obras de separación, subministro e reforma da instalación eléctrica en vestiarios asociado ao campo de fútbol de céspede artificial A Madalena.
Asinado un convenio de colaboración en Vilalba para a reforma do campo da Madalena
6 Jun 2019

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou o concello lucense de Vilalba onde asinou un convenio de colaboración co alcalde local, Agustín Baamonde, para acometer as obras de separación, subministro e reforma da instalación eléctrica en vestiarios asociado ao campo de fútbol de céspede artificial A Madalena. O importe destas actuacións, segundo o texto do convenio, ascende a máis de 24.000 euros (24.120,49) dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achegará o 83% (20.000 euros) e o Concello de Vilalba os restantes 4.120,49 euros.

Nas súas verbas, o mandatario galego, gabou o traballo do concello vilalbés en prol do deporte e salientou a aposta polo deporte base que fan entidades como o Racing Vilalbés que conta cun total de dezaseis equipos que se verán beneficiados por esta obra que porá a punto unha das mellores instalacións deportivas municipais.   

A Secretaría Xeral para o Deporte realiza unha aposta decidida neste 2019 polas infraestruturas deportivas. Nos orzamentos iniciais de 2018 destinábanse un total de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia  Para o exercicio 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte destinará unha contía de 3.934.217 euros -un 40% máis que o destinado inicialmente en 2018-. En total, neste 2019, a provincia de Lugo verase beneficiada por obras que superarán o millón de euros nun total de 12 concellos e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de preto de 400.000 euros.

Tamén en Vilalba, José Ramón Lete Lasa mantivo un encontro cos loitadores galegos José Cuba e Carlos Yobani, así como co xerente do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba. O secretario xeral animou aos deportistas a continuar co seu traballo e a engrandecer a súa excelente traxectoria e certificou o compromiso da Xunta de Galicia con este deporte, máxime nestes días que se disputa en Pontevedra o Campionato Europeo Júnior de Loitas Olímpicas, no que compite o propio Carlos Yobani.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17893505096436