Asinouse en Barreiros o convenio de colaboración para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá

TerraChaXa | AMariñaXa
No Concello de Barreiros tivo lugar hoxe a sinatura do convenio de colaboración para a xestión compartida-agrupación de Concellos do servizo de atención temperá.
8 May 2019

No Concello de Barreiros tivo lugar hoxe a sinatura do convenio de colaboración para a xestión compartida-agrupación de Concellos do servizo de atención temperá.

No acto participaron o alcalde, Alfonso Fuente Parga, a coordinadora de Atención Temperá, Mª Carmen Bermúdez Palacios, e a traballadora social do Concello barreirense, Encarnación López Morado.

 Segundo recolle o documento asinado no día de hoxe: “o obxecto deste convenio é fixar as principais liñas de colaboración, así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do servizo de Atención Temperá entre varios concellos. O obxectivo do servizo de Atención Temperá estará exclusivamente integrado polo conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ó seu contorno, co fin de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. A atención estenderase ata a data de finalización do curso escolar cando o cumprimento da idade de 6 anos sexa anterior a esta data.”

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1727659702301